Actividade 10: Gradente vertical de temperatura na atmósfera.
Troposfera: A temperatura do aire na troposfera diminúe a medida que aumenta a altitude. Isto é debido a que o sol quenta a superficie terrestre e esta quenta a parte inferior da troposfera. Do mesmo xeito, a cantidade de vapor de auga tende a diminuír a maiores altitudes e é maior preto da superficie. Estratosfera: A súa temperatura é máis cálida que a da troposfera porque a capa de ozono absorbe o 97-99 por cento da luz ultravioleta do Sol. A capa de ozono é unha rexión da estratosfera que impide que os raios solares cheguen aos seres vivos na súa forma nociva. A pesar da súa calor, na súa base ten unha temperatura extremadamente fría, de ata -80 graos centígrados. Mesosfera: A temperatura nesta capa baixa de novo ata case alcanzar os -120 a -143 graos centígrados na súa parte superior. Os gases espesos da mesosfera son os responsables de ralentizar os meteoritos e outros fragmentos de corpos celestes antes de que choquen coa superficie terrestre. O que pasa é qu...