1. Que é a presión atmosférica?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?
É a presión que exerce o conxunto da masa de gases da atmósfera sobre a superficie terrestre e sobre todo o que repose sobre ela. A medida que un ascende con respecto ao nivel do mar (nun avión, ou subiendo unha montaña), a presión atmosférica diminue xa que hay menos masa de aire sobre nos.
O aparato encargado de medir as variacións de presión recibe o nome de barómetro. O seu inventor foi o evanxelista Torricelli no século XVII, e desde esa época, ata os nosos días, éstos aparatos han cambiado moito de forma, aunque a sua base segue sendo o experimento do físico e matemático italiano.
Este ensaio consistiu nun tubo de 800 milímetros de altura cheo de mercurio e pechado polo seu extremo superior. Torricelli sumerxió o extremo aberto nunha cubeta tamén con mercurio e observóu que o líquido do tubo descendía ata estabilizarse en 760 milímetros de altura. Isto se produce ao equilibrarse as presións exercidas pola atmósfera sobre a superficie do mercurio da cubeta coa columna de mercurio contido no tubo.
A sua unidade de medida é a atmósfera, definida como a “cantidade de peso que exerce unha columna de mercurio de 760 milímetros de altura a unha latitude de 45º, ao nivel do mar e a unha temperatura de 0º centígrados”; ainda que en Meteoroloxía se usan os milibares ou os milímetros de mercurio. A relación entre estas medidas é a siguiente: 1 atmósfera son 1.013,2 milibares óu 760 milímetros de mercurio.
2. Que é a temperatura atmosférica?, como varía ca altitude nas distintas capas da atmosfera
A temperatura atmosférica é un dos elementos constitutivos do clima que fai referencia ao grao de calor específica do aire nun lugar e tempo determinados, así como á evolución temporal e espacial do devandito elemento nas distintas zonas climáticas.
Troposfera: mide unha media de 11km
A baixada de temperatura na troposfera estímase nuns 6,5 ºC por cada km de altitude, alcanzando unha temperatura duns -56 ºC no seu límite superior, a tropopausa.
Estratosfera: desde uns 11km ata os 55km.
As temperaturas aumenta ata un nivel parecido a da superficie terrestre, uns 15ºC. Este aumento da temperatura está relacionado co ozono presente na estratosfera.
Mesosfera: Esténdese desde a estratopausa ata unha altitude aproximada duns 80 km.
Na mesosfera a concentración de ozono diminúe, polo que a súa capacidade para absorber a radiación UV é moi pequena. Na mesopausa, que é a zona superior da mesosfera, alcánzanse as temperaturas máis baixas de toda a atmosfera, aproximadamente -100 ºC.
Termosfera: Está por enriba da mesopausa e o seu límite superior varía entre o día e a noite, podendo chegar ata os 500 km durante o día.
A súa temperatura varía entre os 500ºC e os 2000ºC.
Exoesfera: Estímase que esta zona indefinida de tránsito entre a atmosfera terrestre e o espazo interplanetario estaría a uns 1000 km de altitude.
A temperatura na exosfera sofre variacións drásticas, podendo oscilar entre 0°C e 1.700°C.
3. Que é a humidade absoluta? e a relativa?, con qu
Humidade absoluta: É a cantidade de vapor de auga (normalmente medida en gramos) por unidade de volume de aire ambiente (medida en metros cúbicos).
É unha das formas de avaliar a cantidade de vapor que contén o aire, que se utiliza, cos datos de temperatura, para estimar a capacidade do aire para admitir ou non maior cantidade de vapor. Unidade de medida g/m3.
O método de medición máis utilizado utiliza un termómetro húmido (envolto nun pano húmido) xunto cun termómetro seco. O bulbo húmido mostra a temperatura do punto de orballo. Ademais da temperatura, pódese calcular a humidade relativa. O dispositivo faino automaticamente.
Humidade relativa: É a relación entre a presión parcial do vapor de auga e a presión de vapor de equilibrio da auga a unha determinada temperatura. A humidade relativa depende da temperatura e da presión do sistema de interese. A mesma cantidade de vapor de auga produce unha maior humidade relativa no aire frío que no quente. Un parámetro relacionado é o punto de orballo. Unidade de medida %.
O higrómetro é o instrumento utilizado para medir a humidade relativa (HR), é dicir, a cantidade de vapor de auga presente no aire.
3. Que é a humidade absoluta? e a relativa?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?
Comentarios
Publicar un comentario