Actividade 13: A Hidrosfera.

 1. Como se orixinou a Hidrosfera.

Sábese que o planeta Terra formouse hai 4.500 millóns de anos. Nun principio a temperatura da Terra era moi alta e con numerosos impactos de meteoritos e outros corpos celestes, tamén se produciron na súa superficie moitas explosións e erupcións volcánicas que expulsaron grandes cantidades de vapor de auga á atmosfera.

Posteriormente, a Terra primitiva arrefriouse, isto permitiu que o vapor de auga presente na atmosfera se condensase e se producisen as primeiras choivas, o que provocou a formación dos océanos. Agora sábese que a Terra é o único planeta con auga líquida. A temperatura media da Terra, e o seu tamaño, permitiu que a auga permanecese atrapada no noso planeta, a diferenza do resto dos planetas do Sistema Solar.

2. Dende o orixe da Terra hai un constante intercambio de auga entre a hidrosfera e o manto o que permite manter o seu volume practicamente constante. Como é ese intercambio?.

A auga pode ser atraída ao manto subducindo placas tectónicas e traída de novo á superficie por erupcións volcánicas, ventilacións hidrotermais e a creación de nova codia nos centros de expansión oceánica. Se este ciclo de augas profundas entre o manto e a superficie está en equilibrio, o nivel do mar da Terra mantense estable.

3. Relacionado co anterior, a medida que a Terra se vai arrefriando os procesos tectónicos vanse detendo como afecto isto ao auga?

Afecta de forma na que sube o nivel do mar, pero tamén é posible que a auga ao quedarse en estado solido no manto non chegaría a volver a superficie e o nivel do mar baixaría.

4. Podemos facer unha distinción entre as augas doces e salgadas, como se orixinan e en que se diferencian?.

O 70% da superficie terrestre é auga pero a maior parte é auga do océano e só o 3% de toda a auga do mundo é auga doce. O termo "auga doce" xurdiu do contraste e comparación con outro tipo de auga que é "auga salgada" e así se formaron estas dúas grandes categorías. En aparencia, a auga salgada e a doce parecen igual, pero o que realmente marca a diferenza é a súa composición, onde a atopamos e os usos que se lle dan.

A auga doce é a que dentro da súa composición ten o mínimo de sales minerais disoltas, especialmente o cloruro de sodio. A través dos sistemas de tratamento de auga, a auga doce pode converterse en potable e mediante a purificación, a auga pode ser consumida polos humanos cun risco mínimo. Ademais do seu consumo, a auga tamén se utiliza para outras actividades como lavar e limpar, bañarse e mesmo para producir enerxía. A auga doce provén de fontes como ríos, lagos, fervenzas, mananciais e lagoas; así como na súa forma sólida en casquetes polares, glaciares e masas de xeo.

Por outra banda, a auga salgada é unha solución a base de auga que contén dentro da súa composición unha elevada cantidade de sales minerais (35%), que lle confiren o seu sabor característico (salgado). Estes minerais refírense principalmente ao cloruro de sodio, normalmente coñecido como sal de mesa. A auga salgada é a que forma os océanos e mares do planeta e estes dous xuntos suman o 97% da auga total que atopamos na hidrosfera.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 12: O ciclo do auga (2ª parte)

Actividade 6: Un exemplo práctico de problemática ambiental

Actividade 7: Fontes de información ambiental