Actividade 17: A dinámica das augas mariñas

  A dinámica das augas continentais xa foi explicada no ciclo da auga, pero a dinámica das augas mariñas ten outras peculiaridades. Factores como os ventos, a densidade da auga, a súa salinidade e a súa temperatura, a influenza do Sol e da Lúa ou mesmo o relevo submariño condicionan dita dinámica.

En esta actividade tes que explicar brevemente como inflúe cada un dos factores citados anteriormente.

As tres causas físicas máis importantes das correntes oceánicas son:

Movementos terrestres. Tanto a traslación como a rotación do planeta provocan movementos constantes das masas de auga, aínda que en moitos casos se moven en sentido contrario á rotación da Terra.

Os ventos planetarios. Non é certo que os ventos causen directamente as mareas, pero si que contribúen a iso, ao desprazar non só as augas superficiais (como nas ondas), senón tamén ao mobilizar a atmosfera para facer circular a enerxía térmica do ambiente, o que repercute no a auga.

O afloramento de augas frías. As augas profundas do océano son frías, xa que son máis densas e teñen menos enerxía. Estas augas soben á superficie en zonas concretas da zona intertropical, empurrando as cálidas ao seu paso.

Comentarios

  1. A actividade consiste en "explicar brevemente como inflúe cada un dos factores citados" tienes 3 de 6

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Actividade 12: O ciclo do auga (2ª parte)

Actividade 6: Un exemplo práctico de problemática ambiental

Actividade 7: Fontes de información ambiental