1. Fai un esquema citando os métodos de estudo da Xeosfera.
Métodos directos:
- Observación de rochas superficiais. Sondaxes. Minas. Estudo das emisións volcanicas. Estudo das rochas profundas que afloran na superficie: complexos ofioliticos. Experiencias de laboratorio.
Métodos indirectos:
- Estudo dos meteoritos. Estudo das propiedades físicas da Terra. Método sísmico.
2. Compara os métodos directos e indirectos.
Os métodos directos basanse na observación directa da naturaleza e do comportamento dos materiais terrestres. Destes estudios obtense hipóteses sobre a composición e a estructura das zonas superficiais da Terra.
Os métodos indirectos empregan instrumentos que miden, desde a superficie, parámetros físicos das rochas do interior; ou baséanse no estudo de rochas que se poden comparar coas que se espera que existan no interior do planeta. Estes datos son posteriormente analizados e interpretados para suxerir hipóteses sobre a composición e estrutura das áreas interiores da Terra, que son inalcanzables por métodos directos. Os métodos indirectos pódense diferenciar en catro grupos: teóricos, de laboratorio, astronómicos e xeofísicos.
3. Cal é o fundamento do método sísmico?
O método sísmico consiste na análise de ondas sísmicas, provocadas por terremotos ou explosións. O movemento vibratorio provocado polo choque sísmico resólvese en forma de trens de ondas concéntricas que, partindo do hipocentro ou foco sísmico, propáganse en todas as direccións. A velocidade de transmisión destas ondas é constante para o mesmo medio, pero varía dependendo da rixidez (entre outros factores) do medio atravesado.
De tal xeito que, cando as ondas están na súa traxectoria un material diferente, cambian a súa velocidade. Este cambio de velocidade coñécese como descontinuidade e a súa presenza marca o paso dunha capa a outra.
4. O estudo de meteoritos tamén pode aportar datos sobre a Xeosfera. Como?
Axudanos a coñecer os materias do que está composto o nucleo da Terra.
Comentarios
Publicar un comentario