Actividade 23: A Litosfera (parte 1)

1. Que é a Litosfera?.

A litosfera, parte superior da Terra, está composta pola codia e parte do manto superior, xusto ata a zona de astenosfera. A súa profundidade é variable, as zonas de litosfera oceánica chegan ata uns 150 km, e as zona de litosfera continental ata 250 km.

2. A litosfera non é unha capa contínua senón que esta rota ou fracturada. Cal pode ser a causa da súa rotura?

Unha fractura tectónica, tamén chamada litoclasa, é unha greta ou descontinuidade na litosfera producida polas forzas tectónicas. Fórmanse cando se supera a resistencia mecánica do terreo á deformación (pregamento) e este rompe. Nas articulacións ou fracturas simples, non hai desprazamento, os dous bordes conservan as súas posicións relativas un fronte ao outro. Pola contra, nas fallas ou paráclases, os dous bloques afectados móvense entre si.

3. Que é unha placa litosférica?. Indica o nome das principais placas.

Unha placa tectónica ou placa litosférica é un fragmento relativamente ríxido de litosfera que se move sobre a astenosfera, unha zona relativamente plástica do manto superior. Toda a litosfera está dividida en placas tectónicas, quince delas grandes e máis de corenta microplacas. A actividade sísmica, volcánica e tectónica concéntrase nos bordos das placas. Isto dá lugar á formación de grandes cordilleiras e concas sedimentarias.

Segundo o tipo de codia que a compoñen, distínguense varios tipos de placas litosféricas:

Placas oceánicas, formadas unicamente pola codia oceánica, como a placa de Nazca ou a placa do Pacífico.

Placas continentais, formadas exclusivamente por codia continental, como a placa árabe.

Placas mixtas, formadas por codia continental e codia oceánica, como a placa euroasiática, a placa sudamericana e a maioría das placas.

  • Placa africana
  • Placa antártica
  • Placa arábiga
  • Placa del Caribe
  • Placa de Cocos
  • Placa euroasiática
  • Placa filipina
  • Placa indoaustraliana (Índica/Australiana)
  • Placa de Juan de Fuca
  • Placa de Nazca
  • Placa norteamericana
  • Placa del Pacífico
  • Placa de Scotia
  • Placa sudamericana
4. Nun modelo simplificado da realidade podemos dicir que a relación que hai entre os bordes de dúas placas que se moven pode ser de tres tipos. Como se chaman e cal é o movemento das placas en cada caso?

Límites converxentes, onde as placas se moven unhas cara a outras, límites diverxentes, onde se están separando, e límites transformadores, onde as placas se moven de lado entre si.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 12: O ciclo do auga (2ª parte)

Actividade 6: Un exemplo práctico de problemática ambiental

Actividade 7: Fontes de información ambiental