Actividade 28: Diapirismo e karstismo.

  1. Que formación xeolóxica representa a seguinte imaxe? Defínea.


A imaxen representa un domo de sal ou diapiro salino é un tipo de estrutura xeolóxica en forma de cúpula, que se orixina cando un espeso leito de minerais evaporíticos (principalmente sal común ou halita) situado en profundidade, se insire verticalmente nos estratos rochosos circundantes, formando un diapir. É unha formación importante na xeoloxía do petróleo, porque as estruturas salinas son impermeables e poden dar lugar á formación dunha trampa estratigráfica.

 2. Como se orixinou a depresión que se observa na superficie?

A sal ao ter ductilidade fai que se desparrame polos lados debido a presión e ao aumentar a temperatura convertese nunha formación plastica, o que crea a depresión dos sedimentos que se posaron enriba da zona de sal.

3. Que son as zonas kársticas e que riscos teñen asociados?

As zonas kársticas comprenden rexións xeográficas cuxo subsolo se caracteriza por unha xeoloxía dominada pola caliza, dolomitas, mármore, xeso e sal, xerando ambientes únicos pola súa beleza.

Os riscos kársticos, están estreitamente ligado a disolución en contacto coa auga e a permeabilidade de rochas como as calizas, as dolomías ous xesos.

Os riscos máis importantes son:

Riscos xeomecánicos: relacionados co colapso das bóvedas das cavidades e a formación de dolinas. Estes movementos bruscos na vertical, prodúcense de forma puntual no tempo, durante a evolución dunha sumidoiro.

Dentro destes procesos, a acción antrópica pode influír decisivamente na evolución, provocando inestabilidade no terreo kárstico.

Riscos hidroxeolóxicos: hai que ter en conta que no afundimento do terreo os procesos hidroxeolóxicos son moi importantes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 12: O ciclo do auga (2ª parte)

Actividade 6: Un exemplo práctico de problemática ambiental

Actividade 7: Fontes de información ambiental