Actividade 32: Recursos da xeosfera 2.
1. Que é a enerxía nuclear?
A enerxía nuclear é a enerxía contida no núcleo dun átomo. Os átomos son as partículas máis pequenas nas que se pode dividir un elemento químico mantendo as súas propiedades. No núcleo de cada átomo hai dous tipos de partículas (neutróns e protóns) que están unidas. A enerxía nuclear é a enerxía que mantén unidos os neutróns e os protóns.
Hai dous procesos que xeran enerxía nuclear: a fisión nuclear e a fusión. Dun xeito sinxelo, podemos dicir que con ambos procedementos se favorece a inestabilidade do elemento químico mediante a separación (fisión) ou a unión (fusión) dos átomos. A fisión prodúcese nas centrais nucleares e a fusión prodúcese de forma natural.
2. Cal é a situación da enerxía nuclear en España?
A enerxía nuclear foi a segunda fonte de xeración eléctrica en España en 2021, cun 20,6% da produción, por detrás da eólica (23,3%). En España hai cinco centrais nucleares de segunda xeración 2 activas cun total de sete reactores.
3. Cales son os impactos derivados do uso desta enerxía?
O impacto ambiental da enerxía nuclear é o resultado do ciclo do combustible nuclear, o funcionamento das centrais nucleares e os efectos dos accidentes nucleares.
Os riscos habituais para a saúde e as emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas da enerxía nuclear de fisión son pequenos en relación aos asociados ao uso de carbón, pero ademais hai riscos catastróficos: a posibilidade de que o sobrequecemento do combustible libere cantidades masivas de produtos de fisión ao medio ambiente, proliferación de armas nucleares. A poboación é sensible a eses riscos e houbo unha considerable oposición pública á enerxía nuclear.
4. Con respecto ao seu uso cal é a diferenza entre os minerais metálicos e non metálicos?
Minerais non metálicos, as dúas principais aplicacións destes minerais están na industria agrícola e na construción. Non obstante, un gran número de industrias adicionais dependen destes minerais:
Industria do automóbil, Industria alimentaria, Industria eléctrica: Os minerais non metálicos, especialmente arxila, cemento e vidro, utilízanse para fabricar pezas refractarias illantes para protexer as conexións eléctricas e evitar curtocircuítos nas redes eléctricas de alta tensión.
Comentarios
Publicar un comentario