Actividade 34: Conceptos básicos sobre a Biosfera.

 Para introducir a unidade ides a buscar as definicións dalgúns conceptos básicos da mesma:

Biosfera: É o sistema formado polo conxunto de seres vivos do planeta Terra e as súas interrelacións (os organismos inflúen tanto no medio como no medio sobre os organismos).

Ecosistema: Un ecosistema é o conxunto de especies dunha zona determinada que interactúan entre si e co seu medio abiótico.

Biocenose ou comunidade: É o termo biolóxico que fai referencia aos seres vivos presentes nun ecosistema.

Biotopo: É a parte non viva ou abiótica, é dicir, o medio físico no que viven os organismos.

Especie: En taxonomía, se denomina especie a unidade básica de clasificación biolóxica. Unha especie é un conxunto de organismos ou poblacións naturais capaces de entrecruzarse e producir descendencia fértil

Poboación: É un conxunto de organismos ou individuos da mesma especie que conviven nun mesmo espacio e tempo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 12: O ciclo do auga (2ª parte)

Actividade 6: Un exemplo práctico de problemática ambiental

Actividade 7: Fontes de información ambiental