Actividade 41: As zonas acuáticas.

  Tanto os biomas como as rexións bioxeográficas son zonas terrestres, pero a maior parte da superficie terrestre esta ocupada por zonas acuáticas. A información que temos delas (especialmente dos océanos e mares) é claramente insuficiente.

Nesta entrada ides a traballar sobre estas grandes rexións pouco coñecidas.

1 - En que se basa a diferenciación de zonas, caracterizadas pola súa fauna e flora, nos ambientes mariños?

Unha primeira división en zonas atópase a partir da densidade, é dicir, da cantidade de masa en volume da auga salgada que ten. Deste xeito, xorden tres zonas: zona mixta de la superficie, zona picnoclina o de transición, zona de aguas profundas. 
 
Porén, a forma máis común de achegarse aos océanos atópase na categorización en función da súa profundidade. Os ecosistemas e a biodiversidade que habitan en cada un deles son diferentes. Esta clasificación analiza o nivel de luz solar que chega a cada zona.

2 - Cales son estas zonas?

Sengundo a profundidade:  

Zona fotica, ata 610 metros. É onde se concentra o maior número de seres vivos. De feito, estes seres vivos cumpren unha función moi importante. Porque os microorganismos que o habitan axudan a regular os niveis de dióxido de carbono na atmosfera. 

Zona batial, entre 1.000 e 4.000 metros. A luz non chega a esta zona oceánica e a comida é escasa. Algunhas das especies que viven nel non teñen ollos.  

Zona abisal, entre 4.000 e 6.000 metros. A fauna só pode alimentarse dos restos que caen da superficie. Ademais, a maioría dos seres vivos que viven nel son bioluminiscentes.  

Zona Hadal, máis de 6.000 metros. Os seres vivos deben soportar 1.100 atmosferas de presión. Debido á súa profundidade, é unha parte do océano pouco estudada.

 

3 -  As algas son un claro expoñente destas zonas, por que?
A cor da pigmentación que utilizan as algas para realizar a fotosíntese varía segundo a profundidade na que viven e permítenos establecer tres grandes grupos de algas. Os verdes (clorofitos) adoptan plenamente a cor da clorofila e desenvólvense en augas salgadas e doces a pouca profundidade. As algas pardas (feófitos) teñen un pigmento lixeiramente máis sensible á luz que lles permite vivir en augas máis profundas. E por último, as algas vermellas (rodófitas) empregan un pigmento desa cor capaz de captar unha luz moi débil a gran distancia da superficie.

4 - Que son as zonas abisais e que características teñen?

A zona abisal, tamén coñecida como abisopeláxica, é un dos niveis nos que se dividen os océanos e atópase nunha franxa de entre 3.000 e 6.000 metros de profundidade. De feito, a palabra abisal provén do latín abyssalis, que significa abismo, algo sen fondo ou extremadamente profundo. Porén, a fauna abisal se expande máis aló desa zona. De feito, dende o punto de vista zoolóxico considérase fauna abisal todas aquelas que viven por debaixo dos 200 metros de profundidade, xa que son poucas as especies capaces de vivir máis aló dos 1.000 metros.  

A zona abisal, pola súa profundidade, presenta unhas características sumamente esixentes para o desenvolvemento da vida: é unha rexión apótica, é dicir, carente de luz; a temperatura oscila entre 0 ºC e 3 ºC; hai escaseza de nutrientes, o que dificulta a alimentación e o desenvolvemento das especies que o habitan; e a presión hidrostática aumenta a medida que descendes, por exemplo, no Challenger Deep, o punto máis profundo do océano con case 11.000 metros, a presión é mil veces maior que a nivel do mar.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 12: O ciclo do auga (2ª parte)

Actividade 6: Un exemplo práctico de problemática ambiental

Actividade 7: Fontes de información ambiental