Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

Actividade 14: A auga e vida.

   A Terra é o único lugar do sistema solar onde hai auga en gran cantidade e nos tres estados posibles. Imos a profundizar sobre a, en moitas ocasións, considerada a "base da vida" a   auga. 1. Que base científica hai para considerala así?  (propiedades e a súa relación ca vida) Durante millóns de anos, a auga afectou significativamente ao noso planeta. Xa sexa caendo como choiva ou fluíndo nos ríos, a auga erosionou as rochas máis duras e transformou montañas e continentes. Moitos científicos hoxe cren que a vida xurdiu nunha sopa primixenia de arxila e auga. Os estanques de arxila foron quen de promover a síntese de macromoléculas e a acumulación das estruturas fundamentais da vida. Non é de estrañar que a vida xurdiu accidentalmente en asociación coa auga, xa que esta substancia ten varias propiedades pouco habituais que a fan ben adaptada para ser a matriz da vida. Entre elas están as súas inusuales calidades térmicas e as súas características disolventes. ...

Actividade 13: A Hidrosfera.

  1. Como se orixinou a Hidrosfera. Sábese que o planeta Terra formouse hai 4.500 millóns de anos. Nun principio a temperatura da Terra era moi alta e con numerosos impactos de meteoritos e outros corpos celestes, tamén se produciron na súa superficie moitas explosións e erupcións volcánicas que expulsaron grandes cantidades de vapor de auga á atmosfera. Posteriormente, a Terra primitiva arrefriouse, isto permitiu que o vapor de auga presente na atmosfera se condensase e se producisen as primeiras choivas, o que provocou a formación dos océanos. Agora sábese que a Terra é o único planeta con auga líquida. A temperatura media da Terra, e o seu tamaño, permitiu que a auga permanecese atrapada no noso planeta, a diferenza do resto dos planetas do Sistema Solar. 2. Dende o orixe da Terra hai un constante intercambio de auga entre a hidrosfera e o manto o que permite manter o seu volume practicamente constante. Como é ese intercambio?. A auga pode ser atraída ao manto subducindo plac...

Actividade 12: O ciclo do auga (2ª parte)

  1. As augas continentais son doces fronte as augas salgadas das que proceden, como se perdeu a salinidade? Cando a auga se evapora, o sal permanece onde estaba, porque a calor que recibe non é capaz de converter o sal en vapor e facelo subir á atmosfera. 2. Define: condensación, glaciar, río, lago e humedal. 2. Define:  condensación:  A condensación é o cambio de estado da materia que está en forma gasosa (xeralmente en vapores) e pasa a forma líquida. glaciar:   Un glaciar é unha masa espesa de xeo e neve orixinada na superficie terrestre pola acumulación, compactación e recristalización da neve, que mostra evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. río:  Un río é unha corrente de auga que discorre continuamente por unha canle na superficie terrestre ou pode estar subterránea. lago:  É unha masa de auga xeralmente doce, que está separada do mar. O abastecemento de auga a todos os lagos provén dos ríos, regatos, augas subterráneas e precipitac...

Actividade 11: O ciclo do auga (1ª parte)

  1. Hai dúas grandes forzas ou enerxías que manteñen no tempo o ciclo do auga, ao permitir o movemento ascendente e descendente desta. Cales son e como actúan ? As forzas que moven o ciclo de auga son a enerxía solar e a circulación do aire na atmosfera. A enerxía solar é a que determina que o auga evaporese e as correntes circulatorias as que levan o vapor de auga atmosferico a todos os lugares da terra. 2. Fai unha pequena redación explicando as etapas do ciclo do auga. Empeza cando a chuvia cae sobre un campo. Lembra que, ao ser un ciclo, tes que rematar no mesmo sitio. Cando o auga chega ao chan e comeza a penetrar nos poros da terra, é a fase de infiltración, despois sucede a escorrentía superficial, o cal se refire aos diversos medios polos que a auga liquida deslizase costa abaixo pola superficie do terreo, o segue a circulación subterranea que se produce a fabor da grabidade. Tamén sucede a fusión do xeo convertindose en auga e formando os rios os cales cchegan ata o mar. ...